O horario de apertura, ata que se aplique o de verán, é de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 19:00 horas e no pasado mes de abril tivo máis de 1.200 visitas
Laura Moure/Silleda
O mosteiro de Carboeiro abrirá as súas portas ao público de xeito excepcional o vindeiro luns día 17 de maio, festivo en Galicia con motivo do Día das Letras. Esta decisión adoptase para facilitar as visitas ao monumento e o seu entorno nunha xornada festiva, e tendo en conta a alta demanda de visitas rexistradas nas últimas semanas.
O horario, ata o cambio da tempada estival, é de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 19:00 horas. Carboeiro vén abrindo as súas portas nos últimos meses de mércores a domingo (pecha luns e martes), pero ca apertura o vindeiro luns, festivo en toda Galicia, búscase facilitar posibles visitas de xente que aproveite a ponte para coñecer o volver a visitar un dos monumentos máis coñecidos do interior de Galicia.
Durante o pasado mes de abril, o mosteiro, onde se atopa o Punto de Información Turística da Rede Info Turismo Rías Baixas, recibiu 1.251 visitas, ampliando as do mes anterior, e sendo o perfil maioritario o de familias que se achegaron ata o cenobio, todos de disintos puntos de Galicia, maioritariamente da provincia de Pontevedra.
Comments