top of page

O ministro de Cultura pide unha reunión con Rueda para estudar posibles afeccións de Altri ao Camiño

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, remitiu este venres unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, solicitando unha reunión técnica entre ambas as administracións para estudar o alcance do proxecto Gama (participado polas empresas Altri e Greenalia) e a posible afección que poida ter sobre o patrimonio, en particular sobre o Camiño de Santiago.

Así, e ante a magnitude do proxecto, o ministro de Cultura propón esta reunión entre persoal técnico da Xunta e o Ministerio “co fin de examinar en detalle o alcance da intervención proxectada e garantir, desde a máxima cooperación institucional, a adecuada protección do Valor Universal Excepcional do Camiño de Santiago”. 4


Na carta, Ernest Urtasun incide en que os ‘Camiños de Santiago de Compostela: Camiño francés e camiños do norte de España’ son bens declarados Patrimonio Mundial e insta a non adoptar ningunha decisión antes de coñecer o ditame do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), órgano consultivo da UNESCO.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, a carta mostra tamén a preocupación pola ameaza que este proxecto industrial implica para a saúde da poboación e os ecosistemas da zona, así como en sectores claves para Galicia como o turismo e o sector primario.






Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page