top of page

O Ministerio de Transportes aproba a limitación de tramo urbano no polígono Área 33 de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Permitirá que en nove parcelas que aínda están libres, se poida manter a edificabilidade fixada no Plan Parcial da Área-33 ao suprimirse as afeccións pola N-525


Laura Moure/Silleda

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana vén de aprobar de xeito definitivo a delimitación de tramo urbano na zona onde se atopa o parque empresarial Área 33 de Silleda, entre o punto quilométrico 301 e o 301,700 da estrada nacional entre Santiago e Ourense (N-525).

Con esta resolución, queda sen efecto a afección que tiñan as parcelas situadas máis preto da nacional, o que permitirá que en nove parcelas se poida construír sen afeccións e polo tanto, garantindo a edificabilidade máxima establecida no plan parcial do polígono.


Segundo o alcalde, Manuel Cuiña, “esta é unha moi boa nova para Silleda, xa que acabamos de por a disposición do empresariado nove parcelas para futuras iniciativas empresariais, que ata agora eran urbanísticamente inutilizables”


Recorda que catro de esas parcelas tiñan unha afección total na súa superficie, polo que urbanisticamente non podía construirse sobre elas, mentras que nas cinco restantes a afección se limitaba a súa fronte o que reducía considerablemente a súa edificabilidade, facendo inviable calquera tipo de iniciativa empresarial nas mesmas.

Cabe recordar que esta solución chega logo das xestións feitas dende o departamento de Urbanismo ante o Ministerio, para solventar o erro histórico de non ter considerado o polígono industrial silledense como zona urbana no momento da súa construcción.



Σχόλια


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page