top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Ministerio de Política Territorial concede a Palas unha axuda polos lumes do pasado verán

O fin desta subvención é reparar infraestruturas municipais afectadas polos incendios


Laura Moure/Palas de Rei

O Ministerio de Política Territorial acaba de conceder 250.076 euros en axudas para reparar infraestruturas municipais afectadas polos incendios do pasado verán en oito concellos de Galicia, entre eles Palas de Rei. Resolve así a convocatoria publicada o pasado mes de decembro destinada a conceder axudas a entidades locais polos danos causados por distintas emerxencias, entre elas, os incendios forestais.

En Galicia tiñan dereito a estas axudas todos os concellos cuxo territorio foi declarado “zona afectada gravemente pola emerxencia de Protección Civil” polo (ZAEPC) polo Consello de Ministros do 23 de agosto. Entre estas zonas estaban varios concellos galegos afectados por 20 grandes incendios forestais declarados entre o 15 de xullo e o 10 de agosto. Tratábase de 9 lumes na provincia de Ourense; 5, en Pontevedra; 3, na Coruña e 3, en Lugo. O total do importe destas subvencións destinaranse a executar obras de reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos e instalacións e servizos de titularidade municipal de Galicia.


A subvención cobre o 50% do total do custe das reparacións. O Ministerio financiará proxectos nos concellos de Arbo (Pontevedra), Quiroga e Palas de Rei (Lugo), Carballeda de Valdeorras (dous proxectos neste Concello), Oímbra, O Barco de Valdeorras e Rubiá (na provincia de Ourense) e Boiro, na provincia da Coruña. Estes son os proxectos concedidos en Galicia:

  • Concello de Arbo: Importe do proxecto: 56.566,89€. Cantidade subvencionada: 28.283,44€.

  • Concello de Quiroga: Importe do proxecto: 25.309,99€. Cantidade subvencionada: 12.654,99€.

  • Concello de Palas de Rei: Importe do proxecto: 44.751,32€. Cantidade subvencionada: 22.375,66€.

  • Concello de Carballeda de Valdeorras (2 proxectos): Importe do proxecto: 111.794 €. Cantidade subvencionada: 54.370,85 €.

  • Concello de Oímbra: Importe do proxecto: 140.414,57€. Cantidade subvencionada: 70.207,28€.

  • Concello do Barco de Valdeorras: Importe do proxecto: 48.350€. Cantidade subvencionada: 24.175€.

  • Concello de Rubiá: Importe do proxecto: 67.000€. Cantidade subvencionada: 33.500€.

  • Concello de Boiro: Importe do proxecto: 9.018,93€. Cantidade subvencionada: 4.509,46€ Total en Galicia Importe dos proxectos: 503.205,70€ Cantidade subvencionada: 250.076,68€.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page