top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Ministerio aproba 8,73 millones € para conservar as estradas en Deza-Tabeirós e Arousa-Ullán

Entre estas figuran a N-525 e a N-640


Laura Moure/Deza

O subdelegado do Goberno, Abel Losada, informou sobre os 8,73 millóns de euros que vén de aprobar o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible para os traballos de conservación das estradas nacionais da zona norte da provincia como un paso adiante e unha boa noticia para actuar sobre o 167,4 Km que cruzan as comarcas de Deza-Tabeirós-Terra de Montes e Arousa-Ullán, “que precisan dun arranxo o antes posible despois dos adversos efectos dos últimos temporais”.

Os traballos vanse realizar nas estradas N-525 (límite coa provincia de Ourense ata Lalín e desde Lalín ata o límite coa provincia da Coruña) e o tramo antigo en travesía da N-525, a N-550 (desde Caldas de Reis ata o límite coa provincia da Coruña), o tramo do trazado antigo da N-550 en Caldas, na N-640 (desde Vilagarcía ata Agolada) e tamén nas travesías N-640, e, finalmente, no acceso ao hospital do Salnés. Todas as actuacións correspóndense, por tanto, co sector 1 da provincia, encadrado ao redor do centro de conservación da Estrada.


Publicidade


O contrato ten unha duración de tres anos con posible prórroga de dúas e outros nove meses e inclúe como novidade que as empresas licitadoras deberán incluír nas súas ofertas o cálculo da pegada de carbono que xerarán durante a execución das actuacións en cada tramo de estrada. As empresas deben comprometerse a presentar un plan de descarbonización nos seis primeiros meses de contrato.


O subdelegado anunciou tamén que o Ministerio de Transportes está a traballar conxuntamente coa Demarcación de Estradas e a Subdelegación do Goberno para lanzar un contrato de emerxencia que permitirá mellorar o estado do firme nas autovías A-52, A-55 e VG-20 na contorna de Vigo, ao obxecto de corrixir as deficiencias existentes. Confía Abel Losada en que este expediente saia adiante canto antes para dar solución “a un problema evidente e que está a provocar queixas das persoas usuarias destas vías moi xustificadas”.


Publicidade

Abel Losada indicou que o Ministerio tamén valora a posibilidade de lanzar, en paralelo aos contratos plurianuais de conservación, doutro tipo de actuacións a partir de contratos-marco centrados exclusivamente na renovación dos firmes, unha nova modalidade administrativa que encaixa na noticia política do Ministerio de Transportes de dar prioridade orzamentaria ás actuacións de conservacións sobre as de execución de novas infraestruturas.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page