top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Ministerio adxudica as obras de rehabilitación do firme nas travesías de Arzúa e Melide na N-547

Buscará a mellora das características superficiais e estruturais do pavimeto, o que incrementará a seguridade viaria


Laura Moure/Arzúa

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) adxudicou, por 493.179 euros, as obras de rehabilitación do firme da estrada N-547, nos tramos comprendidos entre os quilómetros 47,400 e o 49,480 (Travesía de Melide); e o km 62,240 e o 64,300 (Travesía de Arzúa). A rehabilitación de firme exposta buscará a mellora das características superficiais e estruturais do pavimeto, o que incrementará a seguridade viaria.

Fonte: Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma)

Así mesmo, diferenciáronse dous tipos de actuacións, en función do grao de deterioración actual do firme en cada unha das travesías: unha actuación superficial, que inclúe o fresado e reposición da capa e rodadura das zonas sen fallos estruturais do firme; e unha rehabilitación estrutural completa da sección de firme, naquelas zonas que presenten peor estado de conservación, onde se fresará o pavimento existente e estenderanse novas mesturas bituminosas. Finalmente, completarase a actuación coa reposición de toda a sinalización horizontal afectada polos traballos de rehabilitación.

Esta actuación inclúese dentro do programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que Mitma investiu máis de 65 millóns de euros desde xuño de 2018 na provincia da Coruña, e que xera un impulso significativo para mellorar a calidade de servizo da infraestrutura viaria estatal existente.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page