O ‘Mercamelide na Rúa’ celebrarase os días 8, 9 e 10 de agosto con grandes descontos
- Laura Moure

- 23 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Coincide Feira Medieval da localidade
Laura Moure/Melide
A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide e o Concello do municipio, celebrará o venres 8, sábado 9 e domingo 10 de agosto o ‘Mercamelide na Rúa’ en diversos comercios locais da vila con grandes descontos e cunha ampla variedade de artigos.

As tendas que queiran participar, e non se anotaran xa a través de Asetem, teñen que
enviar un correo electrónico a comercio@concellodemelide.gal
Publicidade
Durante os tres días que dura a campaña de oportunidades, o venres 8, sábado 9 e domingo 10, os comercios participantes terán nos seus locais descontos e rebaixas
especiais en artigos e produtos en stock. O horario das tendas no ‘Mercamelide na
Rúa’ será o habitual de cada unha, tanto de mañá como de tarde. A maiores, estes
establecementos contarán cuns carteis identificativos para poder atopar os
participantes con facilidade.
Publicidade
Esta edición do ‘Mercamelide na Rúa’ coincidirá por segundo ano consecutivo coa Feira Medieval da localidade. Este acontecemento fará que aumente o fluxo de turistas e visitantes que durante esa fin de semana se acheguen a Melide para mercar nas tendas e consumir nos locais de hostalería.








Comentarios