top of page

O MercaMelide na Rúa celebrarase entre o 9 e 11 de agosto recuperando o Mercado Medieval

Un grande número de comercios locais da vila ofrececerán grandes descontos en moitos artigos durante toda a fin de semana


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide organiza, en colaboración coa Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide, unha nova edición do “Mercamelide na Rúa” entre o venres 9 e o domingo 11 de agosto. Este ano, como novidade, celebrarase novamente o Mercado medieval.

O Mercamelide na rúa é un evento comercial consolidado onde un grande número de comercios locais da vila ofrecen grandes descontos en moitos artigos durante toda a fin de semana. Na edición do ano pasado participaron 18 comercios de sectores diversos, entre os que se incluía a moda, a xoguetería ou os electrodomésticos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Durante os tres días de campaña, os comercios ofrecen rebaixas especiais en produtos de stock, en horario de mañá e tarde. Cada comercio participante está identificado cun cartel.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, avanza que en vindeiras datas o Concello ampliará a información, co listado de comercios participantes e a programación prevista. O edil amosouse confiado en que a edición deste ano volverá a ser un éxito e un elemento de dinamización económica da vila durante os meses de verán.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page