top of page

O Mercamelide e o Mercado de Artesanía e Gastronomía de Melide celebrarase o 8 e 9 de febreiro

O Mercado do Cerne de Galicia porá en valor o comercio local e a cultura e economía rural


Laura Moure/Melide

O Mercamelide de inverno regresa na fin de semana do 8 e o 9 do vindeiro mes de febreiro con 17 comercios presentes. Esta nova cita co comercio local presenta nesta edición unha gran novidade: o Mercado de Artesanía e Gastronomía do Cerne de Galicia.

Un ano máis, o Pazo de Congresos acollerá un grande espazo de compra durante toda a fin de semana, para que a veciñanza e visitantes poidan adquirir produtos de primeira calidade, provenientes do comercio local e a prezos moi competitivos, que inclúen fogar,

roupa, electrodomésticos, calzado ou tecnoloxía.


Promoción e posta en valor do medio rural

O Mercamelide de inverno 2025 acollerá por primeira vez o Mercado de Artesanía e Gastronomía do Cerne de Galicia con máis dunha decena de postos. Esta iniciativa procura non só apoiar o comercio local, senón que promova a actividade no medio rural e

supón unha aposta por medidas de desenvolvemento do mesmo. Con esta actividade, o

Concello aposta por dar visibilidade ao conxunto dos sectores comerciais de Melide e dos

concellos da proximidade e pór en valor os nosos trazos culturais e económicos máis

distintivos e singulares. Esta cita amosa tamén a forte tradición que a comarca ten como

zona de artesán e comerciantes, os cales son unha parte importante do motor económico

da localidade.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Mercamelide, unha cita consolidada

O Mercamelide, tanto nas súas edicións invernais como estivais, é un evento de gran importancia para a promoción do comercio local, que en sucesivas edicións ten medrado

en participación e asistencia e que ofrece unha importante oportunidade para a

dinamización económica e comercial. O público valora especialmente os importantes

descontos e a calidade dos produtos, pertencentes a sectores distintos como o mobiliario,

menaxe, fogar, decoración, calzado, mercería, deporte, beleza, electrodomésticos,

complemento ou seguros, entre outros.


A maiores, durante esta fin de semana haberá diversas actividades para adultos e

crianzas, así como sorteos entre as persoas que compren nos postos deste evento.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page