top of page

O Mercamelide de Inverno celebrarase os días 21 e 22 de febreiro no Pazo de Congresos

Os locais que queiran participar teñen de prazo ata o 23 de xaneiro para anotarse


Ecos da Comarca/Melide

A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide, en colaboración co Concello da localidade, organizará o Mercamelide os días 21 e 22 de febreiro no Pazo de Congresos. Durante esta fin de semana diversos comercios de proximidade ofrecerán os seus produtos e artigos a prezos reducidos.


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O Mercamelide xa ten o prazo de inscricións aberto para os negocios ou establecementos que se queiran unir a esta feira de saldos, unha das citas comerciais do ano na comarca da Terra de Melide. Para anotarse é preciso achegarse ata as oficinas de Asetem (rúa Lino Sexto). A data límite para inscribirse é o 23 de xaneiro.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Este evento ofrece unha importante oportunidade para a dinamización económica e comercial. O público valora especialmente os importantes descontos e a calidade dos

produtos, pertencentes a sectores distintos como o mobiliario, menaxe, fogar, decoración, calzado, mercería, deporte, beleza, electrodomésticos, complemento ou seguros, entre outros.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page