top of page

O Mercado de Época “Furelos no 1900” de Melide celébrase do 20 ao 22 de setembro

A programación inclúe varios pasarrúas ao longo da fin de semana, así como espectáculos circenses, con lume, musicais e teatrais


Laura Moure/Melide

O Mercado de Época “Furelos no 1900” de Melide acada a vindeira fin de semana a súa sétima edición, convidando novamente á veciñanza e ás e aos visitantes a mergullar no pasado recreando a estética dun mercado tradicional de comezos do século XX. O mercado abrirá as súas portas a partir das 18 horas do venres 20, e permanecerá en funcionamento durante toda a fin de semana, en horario de 11:30 a 22:30 horas o sábado 21 e de 11:30 a 22 horas o domingo 22.

O mercado de época de Furelos na pasada edición. Autor: Ecos da Comarca.

A programación inclúe varios pasarrúas ao longo da fin de semana, así como espectáculos circenses, con lume, musicais e teatrais. As persoas visitantes poderán desfrutar ademais de magníficas exposicións que recrean a vida a comezos do século XX, como a barbería, a escribanía, o obradoiro de costura, o ultramarinos, a cantina, a carpintería, a adega, a lavandería ou a xoguetería. Tamén haberá obradoiros demostrativos de varias artes e atraccións infantís para que non falte diversión.


Un ano máis, o tren turístico Furelos no 1900 será unha das atraccións fortes da fin de semana. Este particular medio de transporte unirá a capela de San Roque con Furelos, entre as 11 e as 14 horas e entre as 16 e as 20 horas. O tren terá unha frecuencia dunha hora entre viaxes.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O domingo 22, ás 22 horas, dará comezo o espectáculo de peche desta sétima edición. Primeiramente, celebrarase un pasarrúas de despedida con todas as compañías participantes no mercado. A continuación, ofrecerase un espectáculo con lume que sorprenderá a todos os públicos.


Dende o Concello de Melide convídase a toda a veciñanza e visitantes a acudir e desfrutar desta nova edición dun evento que non deixa de medrar e consolidarse como unha gran homenaxe ao pasado, unha recreación histórica, festa e diversión.


PROGRAMACIÓN:




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page