top of page

O melidense Jacobo Vaamonde pertence á Asociación Nacional de Coleccionistas de Playmóbil

"É unha afición moi divertida e sobre todo versátil. Podes facer e representar todo o que queiras cos clicks, dende un accidente de tráfico ata unha cidade victoriana", recalca, que ademais é un dos socios máis novos

Jacobo Vaamonde (o máis novo) na II Feira Exposición de Playmobil en Curtis.

ENTREVISTA AO MELIDENSE JACOBO VAAMONDE, POR SER UN DOS SOCIOS MÁIS NOVOS DA ASOCIACIÓN NACIONAL DE COLECCIONISTAS DE PLAYMOBIL

Laura Moure/Melide

Seguramente moitos de nós tivemos entre as nosas coleccións de xoguetes algún Playmobil. Estes non pasan de moda, e adaptándose a novos tempos, seguen a ocupar os seus lugares na xogueterías e formando parte das novas xeracións. Hoxe quixemos coñecer máis a un mozo de Melide. Ten 15 anos, chámase Jacobo Vaamonde e a súa afección por este monecos vai máis alá.


1. Cando comezou o teu contacto co mundo Playmobil?

Comezou aos tres anos cando me regalan o que ía ser o primeiro de moitos clicks. Aínda que comecei fai 12 anos a coleccionar non estiven na asociación coa que colaboro ata fai dous anos aproximadamente.


2. Cal é esa asociación?

Dende o 2021 son socio de Aeslick, a Asociación Nacional de Coleccionistas de Playmobil. Colaboro con esta facendo montaxes en diferentes lugares da xeografía galega e tamén colaborando na organización de eventos como a pasada edición da feira exposición no concello de Curtis.


3. É un mundo fascinante, non?

Si, é unha afición moi divertida e sobre todo versátil. Podes facer e representar todo o que queiras cos clicks, dende un accidente de tráfico ata unha cidade victoriana. Este foi un dos motivos polo que nunca me pensei cambiar de afición ou deixala. Ademais fixo que coñecera a outras persoas coas que agora teño moi boa relación e poder compartir os nosos traballos e montaxes.


4. Cantos Playmobil tes?

Eu teño unha colección que suma sobre uns 800 bonecos. A maiores todo o que son pezas, edificios, vehículos e demais que pode chegar a 5.000/10.000 pezas.


5. Como xa dixeches liñas máis arriba, fuches un dos organizadores e montadores da II Feira Exposición de Playmobil de Galicia que se celebrou en Curtis. Como definirías esta edición despois do éxito da pasada?

Eu, como socio da asociación, fun un dos que colaborou na organización deste evento xunto con outros moitos compañeiros. Ademais, este ano montei parte dun diorama con dous compañeiros no que intentamos recrear unha cidade actual co seu hospital, cuartel, centro comercial, taller de vehículos ou un concerto. Este ano aumentouse a superficie de exposición a máis do doble da primeira feira, e superouse a cifra de visitantes, pasando duns 5.000 a uns 7.000 visitantes aproximadamente.


6. Cal é o perfil de visitante a este tipo de eventos?

Dende os máis cativos ata os mais maiores. Aínda que a maior parte do público foron familias con nenos, houbo visitantes de todas as idades. Os playmobil son unha afición que moita xente tivo de pequena e co paso do tempo foron perdendo, o que fixo que se desfixeran moitas coleccións e agora é habitual que con idades máis adultas a retomen. De feito, na asociación son máis os adultos que a integran, sendo eu un dos socios mais xóvenes.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

7. Por que consideras que Playmobil é unha liña de xoguetes que non pasa de moda?

Xa que ao ser un xoguete que ten tantas temáticas diferentes, abarca os gustos de moita xente. Creo que é un xoguete moi realista e no que a túa imaxinación fai que superes os teus obxetivos e tamén é un método de distracción. Cando montas unha exposición

ou simplemente xogas na casa, evades a realidade e desfrutas do que estás a facer.


8. Cales son as últimas novidades de Playmobil?

Nestes últimos anos, Playmobil está aumentando moito o seu catálogo, engadindo temáticas innovadoras como pode ser a do espacio e a mítica nave de Star Treck ou

coas licencias de marcas como Volkswagen e a creación da súa mítica furgoneta T1.


Podemos coñecer máis da súa paixón na súa conta de Instagram: mundo.playmobil


NOTICIA RELACIONADA:


1 Comment


MRoca
Nov 14, 2022

Moitas felicidades Jacobo.

por poñerlle tanta ilusión e entusiasmo.

Fas unhas composicións estupendas.


Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page