top of page

O Mariña Lucense, a seguinte cita para o Vilariño Team

O palense Luis Vilariño competirá por primeira vez nos tramos da terceira cita do Campionato Gallego de Rallies


Laura Moure/Palas de Rei

Coa moral alta tras o triunfo cultivado a pasada fin de semana no Rallye do Bierzo, o piloto de Palas de Rei, Luís Vilariño, afrontará esta fin de semana unha nova proba xunto ao asturiano Enrique Velasco a bordo do Hyundai i20 R5. Nesta ocasión o equipo desprazarase ata Viveiro, xa que será nos arredores da poboación lucense onde se dispute a quinta edición do Rallye Mariña Lucense.


A cita dividirase en dúas xornadas, tendo lugar no serán de hoxe, venres, dous especiais, mentres que ao longo do sábado celebraranse oito tramos máis que completarán un percorrido de algo máis dun centenar de quilómetros cronometrados dos trescentos sesenta totais a percorrer.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Luís Vilariño comentaba as súas sensacións na previa: “O noso principal obxectivo é pelexar polos postos de cabeza. Será o noso debut nesta proba, así que vai ser clave realizar un bo traballo nos recoñecementos que faremos esta mesma semana, xa que a pasada fin de semana estivemos a competir no Bierzo. Parece que vai chover durante a carreira, polo que os reglajes que puidemos probar durante a pasada fin de semana serán moi valiosos para nós. Vai ser unha carreira complicada, como sempre que se compite en auga, xa que a marxe de erro é mínimo. Cada vez estamos máis adaptados ao Hyundai i20 R5, o cal revisamos completamente e ao que lle instalamos un novo motor, polo que esperamos poder pelexar polos postos de podio marcando un bo ritmo desde o principio".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page