O Magreco de Boimorto marca récord cunha vaca vendida en 6.100 euros
- Laura Moure
- 25 mar 2024
- 3 Min. de lectura
As 14 vacas postas á venda atoparon comprador, cun montante global que superou os 46.000 euros
Laura Moure/Boimorto
A poxa de xovencas de Magreco superou este 24 de marzo todas as expectativas. 𝐀 𝐮́𝐥𝐭𝐢𝐦𝐚 𝐯𝐚𝐜𝐚 𝐯𝐞𝐧𝐝𝐞𝐮𝐬𝐞 𝐞𝐧 𝟔.𝟏𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬, cifra que marca un récord en Magreco e que foi moi aplaudida polas 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝟐.𝟎𝟎𝟎 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 que asistiron á poxa. As 14 vacas postas á venda atoparon comprador, cun montante global que superou os 46.000 euros.

O 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐞𝐥𝐥𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐞𝐝𝐢𝐨 𝐑𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐞𝐧 𝐟𝐮𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬, 𝐉𝐨𝐬𝐞́ 𝐆𝐨𝐧𝐳𝐚́𝐥𝐞𝐳, e a xefa territorial visitaron a feira de maquinaria agrícola e forestal acompañados pola 𝐚𝐥𝐜𝐚𝐥𝐝𝐞𝐬𝐚, 𝐌𝐚𝐫𝐢́𝐚 𝐉𝐞𝐬𝐮́𝐬 𝐍𝐨𝐯𝐨, e membros da Corporación.
𝐎 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐞𝐬𝐭𝐚𝐦𝐩𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐚𝐦𝐢𝐬𝐞𝐭𝐚𝐬 𝐞 𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐫𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐗𝐚𝐬𝐜𝐚𝐫𝐢𝐳 puxeron o peche a décima edición de Magreco.
En Boimorto, José González resaltou a importancia desta feira que conta con dez edicións ás súas costas, exaltando non só as novidades ao respecto da maquinaria agrícola, senón tamén a gastronomía galega, partes importantes do sector primario que tanta relevancia ten na economía da nosa comunidade.
Nesta liña, asegurou a importancia de coidar dos gandeiros e agricultores, así como dos silvicultores, que forman o sector agrario e, en definitiva, do primario na nosa comunidade. Por iso, recalcou, a Xunta seguirá a defender o seus intereses, especialmente no contexto actual dunha nova PAC que non se axusta suficientemente a Galicia.
Unha vez máis, o titular do Medio Rural en funcións reclamou ao Goberno central “máis ambición” na súa postura en Bruxelas, de cara ao Consello de ministros de Agricultura e Pesca do vindeiro martes, e que en paralelo traballe por axustar o Plan Estratéxico da PAC (Pepac) 2023-2027 tamén ao norte peninsular, realizando unha “modificación profunda que atenda ás particularidades de cada territorio”. Por iso, sinalou, a Xunta está a facer un importante traballo ao longo das últimas semanas na procura dun consenso tanto en Galicia, entre as principais asociacións agrarias e cooperativas galegas, como co resto das comunidades da Cornixa cantábrica -Asturias, Cantabria e Euskadi-.
Publicidade
O conselleiro do Medio Rural en funcións asegurou esta mañá que é necesario “avanzar neste camiño e sumar esforzos” para demandar con “máis forza” unha “flexibilización real” do Pepac, superando a proposta do Goberno para atender as particularidades de Galicia -e do resto da cornixa-, ademais de reducir a burocracia que soportan as explotacións agrogandeiras e reivindicar outras cuestións estratéxicas para o futuro do sector, como garantir o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria ou introducir cláusulas espello nos tratados comerciais internacionais.
Aproveitou tamén para poñer en valor a evolución e a capacidade de adaptación do sector agrario, que se corrobora en Magreco, segundo indicou. Como exemplo desa evolución que tamén debe acompañar a administración pública, por iso destacou que a Xunta está presente nesta feiraa coa Oficina Agraria Móbil, prestando servizo aos veciños e visitantes, e cunha charla sobre enfermidades emerxentes celebrada onte coa presenza do subdirector xeral de Explotacións Agrarias, Nicasio Mejuto.
A maiores, o compromiso do Goberno galego con feiras deste tipo tradúcese en colaboracións a través de achegas. Neste senso, José González resaltou a importancia dos eventos sectoriais como este de Magreco, para os que a Xunta conta cunha liña de axudas centradas na organización de certames de gando bovino selecto -poxas incluídas- e os concursos oficiais, dotada con 200.000 euros.
Achegas
Por outra banda, tamén destacou outras achegas de importancia para o sector como son as destinadas para plans de mellora, a incorporación de mocidade á actividade agrogandeira e a de instalación de pequenas explotacións, que mobilizaron desde o 2009 máis de 500 millóns de euros. Neste mesmo ano reafirmouse a aposta por estas axudas cun orzamento de 47 millóns de euros, engadindo unha liña específica para a incorporación de novas persoas agricultoras de entre 41 e 55 anos, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 22 de abril.
Publicidade
Seguindo co apoio ao sector, o titular do Medio Rural en funcións puxo en valor outras achegas como os 12 millóns de fondos propios postos a disposición dos gandeiros que traballan baixo o indicativo Ternera Gallega, para seguir potenciando a calidade das súas producións. Nesa liña, resaltou tamén a Lei da calidade alimentaria, que entrou en vigor en febreiro deste ano, para protexer, defender e promocionar os produtos galegos.
Sobre a promoción, tamén fixo fincapé no Plan de produtos alimentarios dotados con 9,5 millóns de euros, que se une ás estratexias sectoriais que buscan seguir potenciando eidos como son o lácteo, o cárnico, o vitivinícola e o hortícola. Todo isto, engadido á posta en valor de terreos infrautilizados a través da Lei de recuperación da terra agraria que, xunto coas concentracións parcelarias, permitiu a mobilización de ata 35.000 hectáreas nos últimos catro anos, unha cifra que se incrementará porque ”seguimos avanzando para sumar hectáreas”.
Comentários