top of page

O músico lalinense Mario G. Cortizo presenta ‘Só un solo’ no FIP de Merza

O Festival Internacional de Percusión acollerá este espectáculo performativo merecedor do

premio Martín Códax da Música


Laura Moure/Lalín

O músico lalinense Mario G. Cortizo presenta Só un solo no FIP de Merza (Vila de Cruces). O Festival Internacional de Percusión acollerá este espectáculo performativo merecedor do

premio Martín Códax da Música.


Esta proposta escénica acaba de gañar o Martín Códax na categoría de música clásica

e contemporánea. Doutra banda o artista levou un can de pedra na derradeira edición do

Festival de Cans pola banda sonora da curtametraxe ‘O neno sardiña’. O espectáculo terá lugar este mércores 19 de xullo ás 22:00 horas na ‘Casa con Encanto’ de Merza e irá precedido dunha performance do músico LAR Legido.

Só un solo’: un espectáculo performativo

O percusionista e compositor lalinense Mario G. Cortizo presenta ‘Só un solo’, unha proposta escénica gañadora do premio Martín Códax que poderá ser desfrutada en Merza o vindeiro 19 de xullo, no marco do FIP (Festival Internacional de Percusión) que celebra a súa decimo oitava edición.


A singularidade deste espectáculo, que aposta por achegar novas linguaxes musicais ao público, radica en que toda a música esta composta polo propio intérprete. Isto supón un reto para un intérprete que quere transcender do músico ao performer e do concerto clásico ao espectáculo escénico.


O espectáculo consta de tres obras musicais, cunha duración aproximada de entre 10 e 15

minutos cada unha. A primeira obra está escrita para un dispositivo electrónico que controla pequenos electrodomésticos sonoros. Elementos cotidiáns como unha batidora, unha radio ou un secador de pelo convírtense deste xeito en materiais musicais.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A segunda obra está escrita para un dispositivo autómata, programado previamente para

producir os materiais musicais como unha base mecánica. Potas e utensilios de cociña cobran vida musical grazas a estes pequenos robots. Hai unha parte solista para tocar por riba desta base cun baixo e uns tubos afinados. Por último, a terceira obra, conectada coa música de raíz, é un solo para pandeireta e electrónica.


A dirección escénica é do dramaturgo catalán Marc Rosich e da coruñesa aficanda en Londres, Ana Inés Jabares.


Mario G Cortizo: unha traxectoria consolidada

A maiores do premio Martín Códax da Música, Mario G. Cortizo vén de ser recoñecido

recentemente co premio á Mellor Banda Sonora no Festival de Cans consolidando así a súa traxectoria no ámbito musical.


O premio no Festival de Cans foi concedido pola súa contribución á banda sonora da

curtametraxe ‘O neno sardiña’, dirixida por Lucía Estévez. Este non é o primeiro recoñecemento que Cortizo recibe no festival, xa que no ano 2020 foi galardoado polo seu traballo en ‘Conte trencat’, dirixido por Miguel Gago. O compositor e percusionista vén de presentar a semana pasada a súa ópera "Darrer missatge" dentro do Festival Grec de Barcelona. Trátase dunha reposición deste espectáculo que se programara no Gran Teatre del Liceu en novembro de 2020, pero por cuestións do peche dos teatros tivo que estrearse virtualmente na rede.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais destes proxectos, Mario G. Cortizo atópase actualmente a finalizar a produción do

novo disco da artista catalana Carola Ortiz, que verá a luz no outono.


‘Merzapercusión’ celebra a súa edición XVIII

O FIP (Festival Internacional de Percusión) forma parte das actividades paralelas do Merzapercusión, curso que reune na aldea de Vila de Cruces a un alumnado de máis de 70 persoas que chegan de toda a península. Nos seus comenzos o artista Mario G. Cortizo

participou como alumno en diversas edicións dende a primeira celebrada no ano 2002.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page