top of page

O máis innovador do sector agropecuario decidirase entre as 35 propostas que concorren en Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será na V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025 que se celebrará do 20 ao 22 na Feira Internacional de Galicia ABANCA


Laura Moure/Silleda

A V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025, que se celebrará do 20 ao 22 de febreiro na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda, premiará o último en tecnoloxía agropecuaria a través dos concursos Abanca GandAgro Innova e Máquinas Destacadas Cimag.


A eles concorren 35 innovacións presentadas por vinte e seis empresas. Delas doce compañías correspóndense co Máquinas Destacadas Cimag, as cales son Agrícola

Noroeste/John Deere, Deutz-Fahr/Comercial Veiras, Dimago/Agrolugo Electricidad

Mario, Fariña Maquinaria, Fendt, Hitraf, Millares Torrón, Murat/Energreen,

Noroestebio, Tatra Agrícola Castelllana-Grupo Poutón e Talleres Turquino. Quince

empresas, sendo unha delas común ao concurso de Máquinas Destacadas, son as

que concorren ao Abanca GandAgro Innova, correspondéndose con Animalvit,

Asoporcel, Bpa Provetsa Galicia, Delagro, Delaval Equipos, Ecocelta Galicia, Floox

Chargers/Ecogal Energías Renovables, Frior/Boumatic, Gea Farm Technologies

Ibérica, H2 Fusión, Nanta, Nofence, Noroestebio, Prefabricados Faro e Soaga.

foto

En canto ao Máquinas Destacadas Cimag, que premiará as innovacións en maquinaria que destaquen por avances en deseño, prestacións e calidade do traballo,

participan 18 propostas. Esta son un sistema de agricultura de precisión que permite

configurar os axustes de traballo do tractor e máquina desde un ordenar e envialos de forma inalámbrica ao tractor, unha nova transmisión robotizada que combina facilidade de uso e o potencial das transmisións infinitamente variables, unha biotrituradora que coa baixada do número de revolucións do motor corta o paso da alimentación hidráulica mediante unha electro válvula reducindo o desgaste dos compoñentes principais, un sistema de precisión deseñado para controlar todas as etapas do proceso de nutrición animal desde a preparación de receitas ata as distribución das racións, unha aplicación móbil que mellora a precisión da alimentación optimizando o uso do penso e aumentando a eficiencia das explotacións, unha segadora tripla acondicionada que sega, acondiciona e fileira cun rendemento máximo pensada para empresas de servizos, cooperativas e grandes explotacións, unha máquina que combina as virtudes dunha manipuladora telescópica convencional coas vantaxes dunha cargadora de rodas e tamén un joystick de dirección para tractores que facilita as manobras de xiro rápido e ofrece unha mellor ergonomía.


Tamén concorren un sistema Isobus en segadoras de bolboreta que permite unha colleita máis eficiente e unha forraxe máis homoxénea, un novo tractor con motor con posibilidade de utilización de biodiesel de 2ª e 3ª extracción con tecnoloxía de turbo simple de dobre entrada e modo Eco, unha abonadora suspendida que permite alcanzar excelentes patróns de dispersión e anchos de traballo ata 54 metros, un novo tractor que é o único do mercado no que as catro rodas viran de maneira coordinada, un inxector de xurro en liñas que minimiza a perda de nutrientes, un brazo telescópico deseñado para traballar en ambos os lados da calzada e ocupar un mínimo espazo na estrada, un camión agrícola con posibilidade de intercambio de estruturas e tecnoloxía dixital de precisión agrícola, e a carretilla elevadora menos contaminante do mercado para espazos reducidos e amplos.


Ademais, preséntanse tanto a este concurso como ao GandAgro Innova un sistema de protección de lúas de tractores por impacto de policarbonato 200 veces máis resistente que o cristal e un sistema de limpeza de establos automatizado, silencioso, sen emisións e altamente eficiente.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Respecto ao concurso GandAgro Innova, cuxo obxectivo é premiar as innovacións destinadas a optimizar os recursos agrogandeiros, concorren 19 propostas. Ademais das dúas comúns ao Máquinas Destacas, son o primeiro sistema de estabulación libre do mercado que permite ás vacas adoptar posicións corporais naturais tanto tombadas como de pé, un proxecto baseado en biotecnoloxía avanzada que busca mellorar a rastrexabilidade e selección xenética das razas porcinas autóctonas minoritarias, un produto natural para a recría de tenreiras que estimula a flora ruminal e é tanto probiótico como postbiótico, unha liña de produtos para a produción vexetal formulada a base de bacterias beneficiosas que optimizan a saúde do chan de maneira natural e sostible, un robot para a recolección de dexeccións de vacún leiteiro que percorre os corredores de forma programada e conta con gran eficacia para limpar en determinadas zonas, ecocal en novo formato granulado que permite a súa aplicación con abonadoras para asegurar unha distribución máis eficiente, o cargador rápido de vehículo eléctrico máis compacto do mercado, un robot aspirador de efluentes que permite limpar os patios das vacas de forma totalmente autónoma reducindo o tempo de limpeza e un robot de muxido compacto equipado con dous boxes paralelos que é o único que muxe dúas vacas simultaneamente cun só brazo entre as patas traseiras.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, optan aos premios deste concurso un novo sistema de muxido automatizado que implementa un sistema subway para fácil acceso e maior eficacia no mantemento, unha máquina alimentada exclusivamente por enerxía fotovoltaica para xera potencia térmica e reducir o consumo de combustibles fósiles, un novo penso complementario de forraxes e pastos para optimizar o período de transición á lactación para vacas e xovencas preñadas, o primeiro valado virtual do mercado cunha tecnoloxía que permite que os animais pasten libremente sen valado físico mediante a combinación de GPS, unha app móbil e un dispositivo que se coloca sobre os animais, un exoesqueleto lixeiro que alivia os membros superiores, ombreiros e cóbados nas tarefas fisicamente esixentes dos agricultores, un empurrador de alimento autónomo para gandería cun sistema de navegación visual único no mercado, un chan prefabricado de formigón para salas de muxido gandeiro único en Europa que facilita a correcta postura da persoa que muxe e, por último, unha nova gama de fertilizantes granulados que mellora as propiedades do chan e favorece o desenvolvemento dos microorganismos beneficiosos.


Fallo e entrega de premios

Os premios destes concursos serán fallados e entregados o primeiro día de Abanca Cimag-GandAgro 2025, o 20 de febreiro. Para decidir as innovacións que serán recoñecidas, contarán con dous xurados independentes e especializados nos ámbitos

relacionados con cada un deles.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page