top of page

O luns terá lugar a apertura da cancha de prácticas de golf situada na rúa L de Silleda

Será unha xornada de portas abertas e as sesións informativas terán un prexo de 25 euros ao mes e o clube aportará o material ao alumnado


Laura Moure/Silleda

O vindeiro luns ás 16:00 horas terá lugar a apertura da cancha de prácticas de golf situada na rúa L de Silleda. Será unha xornada de portas abertas para todas as persoas interesadas na práctica deste deporte. A práctica do golf retómase dende o Concello de Silleda en colaboración co Club de Golf Val de Rois que se encargará de impartir as sesións formativas, cun prezo de 25 euros ao mes (o clube aportará o material para o alumnado).

A escola está aberta a persoas de todas as idades, que ademais disfrutrarán de condicións vantaxosas para continuar a súa formación nas instalacións de Rois. As clases serán impartidas por Jacobo González, mestre de golf, cunha recoñecida traxectoria, e que dirixe ademais a Escola Infantil do citado club.

Dende o Concello de Silleda realizaronse labores de acondicionamento dos terreos, cedidos polos propietarios ao Concello para a práctica deste deporte, e tamén se adquiriu o equipamento necesario para a posta en marcha desta iniciativa.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page