top of page

O luns inaugurarase unha exposición sobre o Matemático de Bermés

Será na igrexa da Universidade de Santiago, onde permanecerá ata o vindeiro 12 de novembro


Laura Moure/Lalín

Coincidindo co aniversario do seu pasamento, a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) elixiu como Científico Galego de 2024 ao matemático José Rodríguez (Bermés, Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, 1824). Co fin de divulgar a súa figura, estanse a realizar unha serie de actividades ao longo deste ano, entre elas unha exposición dedicada ao coñecido como “Matemático Rodríguez” ou “Matemático de Bermés”. A mostra inagúrase o vindeiro luns, 7 de outubro, na igrexa da Universidade de Santiago, ás 19:00 horas, onde permanecerá ata o vindeiro 12 de novembro, antes de iniciar un percorrido por outros puntos da xeografía galega e nacional.

José Rodríguez foi o primeiro científico galego en alcanzar unha dimensión internacional. Ademais de matemático, interesouse pola xeodesia, a astronomía, a cristalografía e a

mineraloxía. Nesta exposición, que abrangue unha visión moi completa deste persoeiro

-recollendo tanto o seu papel en diversos ámbitos da ciencia como o seu perfil liberal,

inquieto e modernizador-, pódese albiscar a súa enorme relevancia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A mostra realízase en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; a Universidade de Santiago de Compostela; o Consello da Cultura Galega; e o Concello de Lalín. Ao acto de inaguración está previsto que asistan, ademais do presidente da RAGC, Juan Lema; o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo; o alcalde de Lalín, José Crespo; o reitor da USC, Antonio López; Elena Vázquez Cendón, do Consello da Cultura Galega; o presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez; a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; e o historiador de Lalín Daniel González; entre outros representantes de diversas institucións políticas, educativas e culturais galegas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page