top of page

O lume producido este domingo na parroquia palense de Moredo calcinou 182 hectáreas de monte raso

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Consellería do Medio Rural informa que finalmente o incendio forestal orixinado este domingo na parroquia de Moredo, en Palas de Rei, calcinou 182 hectáreas.

Foto arquivo.

O lume iniciouse ás 5:27 horas e quedou extinguido ás 21:50 horas. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 182 hectáreas de monte raso. Para o seu control mobilizáronse en total 6 axentes, 22 brigadas, 6 motobombas, 4 avións e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de

teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,

toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta

aberta de twitter: @incendios085.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Kommentarer


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page