top of page

O loitador de Touro Damián Iglesias Vilela arrasa e gaña dous campionatos esta fin de semana

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O sábado logrou o primeiro posto na súa categoría no Campeontado de España Senior de Luchas e este domingo, no Campeonato España Senior Lucha Playa / Sambo Playa


Ecos da Comarca/Touro

Damián Iglesias no podio. (Autor: Facebook Damián Iglesias)


O veciño de Loxo (Touro) Damián Iglesias Vilela arrasou esta fin de semana en Murcia. Este loitador de 27 anos proclamouse este sábado Campión de España Absoluto no Campeonato de España Senior de Luchas, celebrado en Murcia, na categoría LO 86 quilos. E o bo facer deste veciño tamén se notou este domingo no Campeonato España Senior Lucha Playa / Sambo Playa, no que tamén se fixo coa vitoria na súa categoría.


Estes últimos dous éxitos de Iglesias súmanse a súa longa colección de trofeos, entre eles varios premios internacionais o que demostra a súa gran traxectoria deportiva.


Ambas competicións disputaronse nas instalacións do CAR da Rexión de Murcia, que contaron cunha participación moi numerosa, xa que estes campionatos serven para confeccionar os equipos nacionais que acudirán ás vindeiras citas representando a España.


0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page