top of page

O libro 'Mulleres do Deza', promovido polo IES Pintor Colmeiro, preséntase en Silleda o vindeiro día 16

A publicación, editada pola editorial Calami —nacida no propio centro educativo—, recolle catro coleccións fotográficas que poñen en valor o papel das mulleres na comarca


Laura Moure/Silleda

Coincidindo coa semana na que se conmemora o Día da Muller Rural, o IES Pintor Colmeiro de Silleda presentará o libro Mulleres do Deza, un proxecto promovido dende a biblioteca “Xosé Neira Vilas” e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, e editado pola editorial Calami, iniciativa creada polo propio alumnado e profesorado. A primeira das presentacións terá lugar o xoves 16 de outubro ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello de Silleda, mentres que a segunda será o xoves 23 de outubro ás 20:00 horas no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.

ree

O volume, que sairá á venda en librarías a finais de outubro, está composto por catro coleccións fotográficas, unha delas realizada por alumnado e profesorado do IES Pintor Colmeiro, nas que se rende homenaxe ás mulleres do Deza e se destaca o seu papel esencial na vida cotiá, na memoria colectiva e na construción social do territorio.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Mulleres do Deza enmárcase dentro das accións impulsadas dende o centro educativo para visibilizar o papel das mulleres no ámbito rural e promover entre o alumnado valores de igualdade, identidade e arraigamento ao territorio a través da creación artística e da fotografía.


Dende o Concello de Silleda, que colabora coa publicación ao igual que a Fundación Roberto Rivas, e o IES Pintor Colmeiro anímase á veciñanza a participar nestes actos e a coñecer de preto este proxecto colectivo que combina arte, educación e compromiso social, poñendo rostro e voz ás mulleres que constrúen cada día o Deza.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page