top of page
Foto del escritorLaura Moure

O libro-cd 'A gaita na Terra de Melide' sairá a luz a comezos do mes de xuño

Toma como referencia espacial os concellos de Sobrado dos Monxes, Toques, Melide e Santiso, onde se estuda a evolución da gaita galega nestas terras ao longo do século XX


Laura Moure/Terra de Melide

A comezos de xuño sairá á venta o libro-cd A gaita na Terra de Melide, despois de catro anos de estudo e de investigación. A gaita na Terra de Melide é un percorrido sonoro, literario e fotográfico pola tradición musical dunha comarca. Tomando como referencia espacial os concellos de Sobrado dos Monxes, Toques, Melide e Santiso, onde se estuda a evolución da gaita galega nestas terras ao longo do século XX ao tempo que se describe o contexto histórico e os acontecementos máis relevantes que marcaron o devir do instrumento.


Trátase dun traballo de investigación construído tamén a través das biografías de gaiteiros e artesáns no que se recollen vivencias e anécdotas contadas en primeira persoa e que nos leva de novo ás eiras, ás casas, ás romarías e a todos aqueles espazos da Terra de Melide nos que se tocaba e nos que a gaita foi adquirindo aos poucos unha función social determinante.


O libro inclúe un repertorio composto por 60 partituras, moitas delas inéditas, e un CD coa gravación das catro muiñeiras da Terra de Melide compostas polo autor.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page