top of page

O lalinense Pepe Domínguez, campión de España de Combinadas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O socio, adestrador e un dos fundadores do Club Escola Atletismo Deza, José Domínguez Caballero, participou esta fin de semana no Campionato de España de Combinadas, celebrado en Estepona (Málaga). O lalinense asistiu con boas sensacións, aínda que tiña ao murciano pisándolle os pés ata as últimas tres probas (pértega, xavelina e 1.500 metros), nas que Domínguez logrou despegar e alzarse coa vitoria.


Logo de cinco anos, o deportista acadou a primeira posición no podio, representando ao Atlética A Silva (Ordes) e suma así xa 14 campionatos de España entre decatlóns, pentatlóns, relevos e xavelina. Así mesmo, gañou a proba de 1.500 metros lisos en todas as idades, cunha marca de 4’ 56,71’’.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Desde o Club felicitamos a este gran deportista lalinense e para nós é un orgullo telo ensinando aos futuros deportistas, mentres el segue colleitando medallas e subindo ao máis alto".


Parabéns!!


NOTICIA RELACIONADA:

Komentarze


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page