top of page

O lalinense Nicolás González Casares será o ponente para a reforma do mercado eléctrico da UE

Laura Moure/Lalín

O Grupo Socialista Europeo designou ao lalinense Nicolás González Casares como relator para a reforma do mercado eléctrico da UE. O político socialista expresa o seu agradecemento e asegurou sentirse "moi orgulloso e cargado dunha gran responsabilidade que o grupo socialista puxo en min".

A proposta da Comisión Europea para a reforma do mercado eléctrico da UE non é suficiente, segundo González Casares. "Necesitamos unha reforma máis ambiciosa que a proposta pola Comisión", afirma o eurodeputado socialista. González Casares asegurou que os consumidores e as pemes estarán no centro da súa proposta: "Todos somos conscientes de que os vaivéns nos prezos da electricidade afectan as familias e ás empresas. A volatilidade hai que reducila”.


A reforma enfócase na transición enerxética e na electrificación. Busca impulsar as enerxías renovables, que á súa vez promoven a independencia dos combustibles fósiles responsables do quecemento global e estreitamente relacionados con tensións xeopolíticas. González Casares espera que a reforma se faga o máis rápido posible, pero sen roubar espazo ao debate. "A finais deste ano ou a principios do seguinte debería estar pechada", dixo o político de Deza.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

A presidencia española no Consello durante o segundo semestre e un relator español no Parlamento garanten que as sensibilidades do noso país estarán representadas en ambos os colegisladores.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A reforma do mercado eléctrico da UE

A UE lanza a súa reforma do mercado eléctrico co obxectivo de abaratar a enerxía, evitar picos de volatilidade e gañar competitividade na carreira cara a unha economía descarbonizada. Tamén busca acelerar o crecemento das enerxías renovables e a eliminación gradual do gas natural, reducir a dependencia das facturas dos consumidores dos volátiles prezos dos combustibles fósiles e protexer mellor aos consumidores fronte aos prezos futuros.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page