O lalinense Juan José Reicimil, Campión de España de Montaña, clase 5B, na Subida Internacional de Onil
- ecosdacomarca
- 6 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

O piloto lalinense Juan José Reicimil xunto co seu equipo técnico desprazáronse ata a provincia de Alicante para participar na Subida Internacional a Onil xunto cos preto de 70 pilotos máis inscritos. A competición foi un éxito para o este lalinense, xa que se proclama Campión de España de Montaña, clase 5B.
Publicidade
A proba disputouse esta fin de semana e é unha das probas puntuables para o Campionato de España de Montaña. Nela Recimil loitou polo primeiro posto co seu Toyota Starle t, o que lle permitiu acadar o título de Campión Nacional nesta disciplina.
Moitos parabéns!!
Comentarios