top of page

O lalinense José Domínguez proclamouse campión galego de lanzamentos largos de inverno máster

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Houno alta participación do Club Atletismo Deza en diferentes probas nesta fin de semana


Ecos da Comarca/Deza

Nesta fin de semana, realizáronse diferentes probas nas que atletas lalinenses recolleron medallas. O primeiro que hai que destacar é que o atleta lalinense e adestrador do Club Atletismo Deza, José Domínguez, participou no Campionato Galego de Lanzamentos Longos de Inverno na categoría de M50 e conseguiu a vitoria en xavelina e disco. Isto dálle a posibilidade de asistir ao Campionato de España nesta especialidade, que terá lugar a finais de febreiro no País Vasco.

José Domínguez.

Así mesmo, o sábado foi o Campionato Galego de Campo a Través, que se disputou en Ribadavia (Ourense). Competiron máis de 20 atletas do Club Atletismo Deza e resaltan os bos resultados obtidos polos deportistas lalinenses José Canda, campión galego na categoría M35; Ricardo Vázquez, cuarto en M45, e Antonio Riera, quen tamén forma parte do Club Atletismo Deza, cuarto en M75.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Dende o Club mostrámonos satisfeitos pola alta participación nesta proba e polos bos resultados recollidos polos nosos deportistas. Para finalizar, dende o club felicitamos a Rosa Vidal, atleta do Club Atletismo Deza, que participou no Trail de Sada, na proba de 14 quilómetros, con varias subidas e moito barro. A pesar das dificultades, a nosa deportista acadou un segundo posto na súa categoría".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page