O lalinense Beltrán Rivas, sexto no Campionato de España Sub16
- ecosdacomarca
- 24 jul 2024
- 1 Min. de lectura
Durante a xornada, o tempo non foi favorable para conseguir unha mellor marca e chegar ao podio
Ecos da Comarca/Lalín
O atleta lalinense Beltrán Rivas participou no campionato de España Sub16, na proba de salto de altura, que tivo lugar en Lleida durante toda a fin de semana. A súa proba, en concreto, celebrouse o domingo, nunha xornada na que o vento dificultou a realización da proba con normalidade.

O atleta lalinense acadou unha sexta posición, realizando un salto de 1,75 metros. Cabe lembrar que asistía á proba cunha marca de 1,79 metros, que de acadala quedaría nunha segunda posición. Dende o Club indican que están orgullosos do resultado conseguido, aínda que “queda a espinilla de quedarnos sempre ás portas do podio, pero de seguro que o conseguirá en futuras competicións, xa que ten unha actitude moi positivo e traballa diariamente para obter os mellores resultados”.
Publicidade
Concentración en Suecia
En vindeiras semanas, Rivas visitará Suecia xunto co compañeiro Breogán García, onde se atopa o adestrador Nacho Castro por motivos laborais. Participarán nunha concentración deportiva e estarán durante unha semana realizando diferentes probas deportivas no país nórdico.
Comments