top of page

O lalinense Antonio Rodríguez Troitiño logra a presidencia da Federación Galega de Automobilismo

"O primeiro paso que imos dar e reunirnos coa Real Federación Española de Automovilismo para falar do asunto das licencias", sinala o novo presidente


Laura Moure/Lalín

O lalinense Antonio Rodríguez Troitiño, candidato á presidencia da Federación Galega de Automobilismo con Xeración Renova FGA, foi elixido por unha ampla maioría despois da votación da asemblea realizada onte, domingo 22 de xaneiro, en Ourense, unha votación na que non estivo o ata hoxe presidente, Iván Corral. Troitiño obtivo 55 dos 57 votos dos asembleístas na votación da presidencia, con soamente un voto para a outra candidatura, a de Carlos Álvarez Sindín e un voto en branco. Nesta votación houbo sete asembleístas ausentes. Ademais, na votación da comisión delegada houbo pleno para os candidatos de Xeración Renova FGA, o acadar todos os postos na mesma.

Troitiño.

Despois da votación o novo presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño destacou que “ó final a votación demostrou que a xente quería un cambio na FGA. O apoio foi maioritario e para nós é unha grande satisfacción ter todo este apoio”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Agora, sinala ter posta a mirada no día 8 de febreiro. “Pola nosa banda, imos tentar falar coa Xunta Electoral para poder adiantar os prazos ao máximo posible e comezar a traballar canto antes no noso proxecto para a Federación Galega de Automobilismo. Todo depende da Xunta Electoral e da Xunta de Galicia para poder comezar canto antes, pero confiamos en que poderemos gañar algúns días”.


E dá unha mensaxe clara: “Nós imos a traballar cada día por e para o automobilismo galego e imos tentar non defraudar a ninguén. O primeiro paso que imos dar e reunirnos coa Real Federación Española de Automovilismo para falar do asunto das licencias. De feito, esta semana próxima agardamos poder reunirnos co presidente, Manuel Aviñó, para resolver este tema”.


 
 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page