top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O JRT Motorsport comezou con bo pé o Campionato Galego de Rallyes 2024

Vitoria na PXP dos silledenses Marco Lorenzo e Diego Gil


Ecos da Comarca/Deza

O Campionato Galego de Rallyes 2024,comezou coa disputa do Rali da Coruña, nun escenario espectacular como é a Praza de María Pita. Despois dos oito treitos cronometrados, Víctor Senra logrou unha nova victoria a bordo do Citroën C3 WRC sendo deste modo o primeiro líder do certame.


Tras solventar un pequeno contratempo na matinal que os levou a perder tempo, Dani Berdomás e Brais Mirón rapidamente se asentaban no 2° Posto da CopaR5 e rematando no 4° posto da clasificación Xeral. Bo ritmo da parella que augura boas sensacións de cara o futuro.


Publicidade

Pola súa banda, Alberto Nimo e Jose Pintor, facían un rallye de menos a máis e lograban rematar no 4° posto da CopaR5 e ocupaban o 6° posto na clasificación Xeral. 


Publicidade

Primeira proba e primeira vitoria da parella de Silleda Motorsport formada por Marco Lorenzo e Diego Gil, que foi capaz de manter durante toda a proba unha cómoda ventaxa sobre os seus perseguidores. Ademais, Lorenzo-Gil ocuparon o segundo posto do Volante FGA. 

A vindeira proba na que participará JRT Motorsport será o 28 Rali do Cocido.


0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page