top of page

O incivismo que empaña a historia do observatorio de Vila de Cruces

Foi construído polo veciño deste municipio José María López Pérez no ano 1993


Laura Moure/IsmaelRS/Vila de Cruces

Acceso o observatorio de Vila de Cruces. Fonte: Ecos da Comarca

ECOS DA COMARCA lanzaba o sábado unha adiviña para lembrar un espazo destacado de Vila de Cruces: o observatorio astronómico do couto de Zarragrande. Foi construído polo veciño deste municipio José María López Pérez no ano 1993.


Está situado a 500 metros de altura e tiña como principal obxectivo divulgar a astronomía ofrecendo aos visitantes gozar de distintas vistas panorámicas. Sen embargo, agora non se atopa no seu mellor momento e lamentablemente os vándalos xa deixaron as súas pegadas, como puidemos comprobar hai uns días cando nos desprazamos ata o lugar.


Cabe concienciar á sociedade da importancia de respectar e coidar o noso Patrimonio. Sen dúbida, este observatorio, de titularidade privada, ten a súa historia e significou moito para o seu fundador e ademais, xa forma parte da colección de atractivos turísticos deste municipio.


Noticias relacionadas:






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page