O incendio forestal da parroquia lalinense de Maceira quedou extinguido hoxe e calcinou 83 hectáreas
- ecosdacomarca

- 18 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de Lalín, parroquia de Maceira, quedou extinguido ás 11:56 horas de hoxe, venres 18 de xullo.

Publicidade
O lume iniciouse ás 13:07 horas do pasado mércores, 16, e finalmente afectou unha superficie de 83 hectáreas, das cales 50 se corresponden con monte arborado e 33 de raso. Para a súa extinción mobilizáronse 3 técnicos, 12 axentes, 22 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 6 avións.
Publicidade
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,
toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas
poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.
NOTICIAS RELACIONADAS:
O lume da parroquia lalinense de Maceira afecta a unha superficie de 70 hectáreas: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-lume-da-parroquia-lalinense-de-maceira-afecta-a-unha-superficie-de-70-hect%C3%A1reas
Controlado o incendio forestal da parroquia lalinense de Maceira: https://www.ecosdacomarca.com/post/controlado-o-incendio-forestal-da-parroquia-lalinense-de-maceira








Comentarios