O III Quad Cross Country/ Motos disputarase o 28 en Touro con participantes de toda España e de Portugal
- ecosdacomarca

- 20 sept
- 2 Min. de lectura
As inscricións estarán abertas ata o xoves 25 deste mes
Ecos da Comarca/Touro
A localidade de Touro acollerá o domingo 28 de setembro o III Quad Cross Country/ Motos, que está organizado polo clube Os do Jatillo e que conta coa colaboración deste Concello. É puntuable para o Campionato Galego. E ademais este ano, como antesala a esta competición, o club promove tamén para o sábado unha xornada con música. A cita deportiva foi presentada este venres pola concelleira de Deportes de Touro, Isolina Suárez, e polos membros do clube organizador Hugo Cepeda, Víctor González, Diego Montaña e Enrique Paderne.

Así o sábado 27 de setembro coincidindo coa celebración da XI Carreira Pedestre Popular Concello de Touro, Os do Jatillo organizan unha xornada festiva a partir das 20 horas, tras a entrega dos premios da carreira, que será a cargo da charanga BB+.
Xa o domingo arrancará a competición do III Quad Cross Country/ Motos, a partir das 9 horas.
PUBLICIDADE
Categorías
Moto:
● Femenino
● Máster
● Veteranos
● Senior B 4T
● Senior B 2T
● Junior
● Senior
● E 50 cc
● E 65 cc
● E 85 cc
● E Open
Quad:
● QXC Iniciación -400
● QXC Iniciación +400
● QXC Open
PUBLICIDADE
“Xa temos inscritos de toda España, como Madrid, País Vasco, Burgos, Cataluña... e tamén de Portugal”, indica Hugo Cepeda quen informa que as inscricións estarán abertas ata o xoves 25 de setembro ás 23:59 horas. Os interesados deben inscribirse a través da Federación Galega de de Motociclismo ou contactanco coa organización a través do teléfono 680 428 053 (Hugo) ou 690 063 099 (Víctor).
O recorrido cambiará significativamente con respecto a do ano pasado. “Recomendamos aos participantes que o sábado visiten a pé o percorrido e o fagan cun calzado cómodo e leven auga porque é un trazado duns 10 quilómetros”, explica Cepeda.
Horarios









Comentarios