Hai 12 alumnos procedentes de Galicia e Portugal
Laura Moure/Agolada
Despois do Festival Internacional de Percusión que se celebra estes días en Agolada, a música continuará sendo a protagonista o 31 de xullo e o 1 de agosto nos Pendellos. Neste caso, será a quenda da música con máis anos, xa que se celebrará a terceira edición do
Curso de Música Antiga. Hai unha ducia de alumnos procedentes de Galicia e Portugal.

Participantes noutra edición.
Autor: Curso de Música Antiga Agolada.
“O curso este ano, por causa do Covid-19 será soamente de dous días. Infelizmente tivemos que reducir os días e o profesorado, facendo só unha fin de semana e dividindo as clases entre os dous días”, explica a organización do curso. O día 31 está destinado para as clases de Violín/Viola Barroco e Música de Cámara e o día 1 para as clases de Canto.
“Nas clases de Violín/ Viola Barroca e Música de Cámara contamos este ano con a prestixiosa violinista francesa Amandine Beyer e tamén Mariña García-Bouso como profesora de Violín/ Viola”, apunta. E das clases de Canto encargaranse Fran Pérez e Magna Ferreira. Tamén participará Débora Valuja.
O Concello alaba o bo facer deste curso e alégrase de que a organización continúe celebrando este curso en Agolada.
Comments