top of page

O II Desfile de Moda da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa celebrarase o sábado 10 de maio

Laura Moure/Arzúa

A segunda edición do Desfile de Moda da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa celebrarase o sábado 10 de maio, ás 19:00 horas, no Multiusos Terra do Queixo con entrada gratuíta para que veciñanza e visitantes poidan descubrir a nova colección primavera-verán do comercio local.

Nesta ocasión participarán 15 establecementos de proximidade que son: Arroupadiños,

Boutique Anduriña, Calzados Iglesias, Carola Moda, Chorima Perfumería, Estrenas Zapatería, Lage Moda, Leny Moda, MD Lencería e Fogar, Mi Tata, Mía María, Miss

Zapatos, Moda Ana, Moda Sari e Novavisión.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta xornada de moda estará conducida pola actriz arzuá Lidia Veiga e contará con música, sorteos, agasallos e moito máis. Unha tarde para desfrutar da mellor pasarela de moda da contorna e apoiar o comercio local de Arzúa.


A Asociación fai fincapé na importancia de organizar este tipo de eventos en Arzúa para que “veciñanza da vila e da contorna, así como visitantes coñezan os produtos da nova tempada que temos dispoñibles no noso Centro Comercial Aberto”, e dende AECA aproveitan a ocasión para “convidar a todas e todos a vir o 10 de maio ata o Multiusos

Terra do Queixo para desfrutar da moda local”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Amais, a xerencia do colectivo empresarial comprácese en comunicar que “neste II Desfile de Moda contaremos coa presenza do Director Xeral de Comercio, Gabriel Alén, e de membros da corporación municipal do Concello de Arzúa”.


Komentar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page