top of page
Foto del escritorLaura Moure

O II Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes da Xunta será esta semana en Silleda

O programa contará con diferentes charlas e mesas redondas coa participación de

diversas autoridades e expertos en lumes forestais de Galicia, resto de España e

Portugal


Laura Moure/Silleda

A Consellería do Medio Rural organiza o II Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes, que terá lugar entre hoxe, martes 28, e o vindeiro xoves 30 de novembro. Enmarcado dentro da Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (Sedexpo), este evento albergará no recinto feiral de Silleda varias charlas e mesas redondas con diversas autoridades e expertos en lumes forestais tanto da nosa comunidade como do resto de España e de Portugal.


Así, a xornada do martes estará centrada na prevención de incendios forestais, a investigación e o lume prescrito. En particular, en relación coa investigación, avaliarase o

traballo realizado dende a súa creación -hai agora dous anos- pola Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta (UIFO). Ademais, tratarase a aplicación de lume prescrito e os seus principios científico-técnicos, contando tamén coa experiencia portuguesa nesta materia, e abordarse a planificación territorial deste tipo de queimas e o seu emprego no caso particular do municipio pontevedrés de Fornelos de Montes.

A sesión de hoxe pecharase cunha mesa redonda na que participarán todos os relatores

desa xornada e, xa pola tarde, terá lugar un simulacro de extinción, enfocado no ataque

combinado de medios aéreos e terrestres para a defensa dunha vivenda illada e manobras

de auto protección.


Operacións en incendios

O mércores será o día de analizar as operacións en incendios forestais. Así, o programara abrirase cun relatorio sobre a Intelixencia Artificial (IA) na xestión e operación de lumes. A

seguir, levarase a cabo a reconstrución e análise do incendio forestal de Baleira (Lugo) e,

tras unha pausa, amosaranse as últimas novidades introducidas no sistema de extinción

en Galicia, no que atinxe ao Semop (Sistema Estrutural de Mando Operativo), a UDEX (Unidade de Directores de Extinción, creada no 2023 e centrada na xestión dos grandes

lumes) e o Xeocode-Lite.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os traballos da mañá pecharanse cunha análise do incendio de Trabada (Lugo), en especial sobre a súa evolución e a aplicación do devandito Semop. Xa pola tarde, desenvolverase unha mesa redonda arredor das operacións en lumes forestais.


Por último, o xoves 30 este II Congreso Interlumes pecharase cunha sesión titulada

“revolución nos medios aéreos, presente e futuro”, na que expertos galegos, castelán-

leoneses, andaluces e estremeños explicarán a súa experiencia sobre a loita contra os

incendios dende o aire. Así mesmo, intervirán tamén especialistas do Ministerio para a

Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) e da sociedade estatal Senasa,

dedicada ao asesoramento aeronáutico. O evento será clausurado polo director xeral de

Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, Manuel Rodríguez.


O proxecto europeo Interlumes

Este II Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes enmárcase dentro das

accións do proxecto europeo Interlumes, que ten por obxectivo fundamental reforzar a

capacidade operativa de resposta na extinción de incendios forestais na fronteira de

España e Portugal.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Para iso, a través desta iniciativa estanse a mellorar e reforzar os medios existentes de

prevención e extinción de incendios. Entre eles destaca a futura base aérea

transfronteiriza que estará situada en terreos dos municipios ourensáns de Verín e

Oímbra. Tamén se avanza na definición dun protocolo de actuación conxunta e xestión

compartida de medios e modelos de actuación na defensa contra o lume que dea

homoxeneidade ás actuacións que in situ se levan a cabo na fronteira. Interlumes conta tamén con accións encamiñadas a sensibilizar á poboación contra os riscos que provocan os incendios forestais e avanza na formación especializada dos axentes que interveñen das diferentes comunidades e países na extinción de incendios, con congresos como este, que na súa primeira edición tivo lugar tamén en Silleda hai agora un ano.


Simulacro Pesca 1

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo subdirector xeral de Gardacostas

de Galicia, Lino Sexto, asistirán ao simulacro do helicóptero Pesca 1, con base en Vigo, no

que se reproducirá unha manobra de evacuación no entorno do hipódromo do recinto

feiral. Unha vez finalizado, se realizará unha presentación estática en terra da aeronave.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page