top of page

O II Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos chega o día 13 de decembro a Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

O II Ciclo de conferencias "Aida Fernández Ríos", impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias, chega a próxima semana aos centros escolares da provincia con cinco charlas adaptadas ao público mozo. Deste xeito, arranca o segundo bloque do ciclo que espallará a ciencia entre o alumnado de 4º da ESO e bacharelato de centros de Tui, Bueu (2), O Grove e Silleda da man de cinco mulleres referentes en distintos eidos científicos.


En Silleda a cita será o luns 13 de decembro e o alumnado do IES Pintor Colemiro (Silleda) acudirá á charla As matemáticas que pesquei na ría de Pontevedra, da decana da Facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez. Nela compartirá co alumnado a experiencia no proxecto Marzo, mes das matemáticas.


Con estas charlas péchase a segunda edición do ciclo que rende homenaxe co seu nome á bióloga viguesa Aida Fernández Ríos e que xa desenvolveu dez conferencias destinadas ao conxunto da cidadanía entre os meses de abril e xuño. Nelas versouse sobre a muller e a ciencia, a contaminación por microplásticos ou as adegas circulares para espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social e impulsou o labor científico en Galicia.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page