top of page

O IES R. Mª Aller Ulloa de Lalín participa hoxe no Congreso sobre Inmigracións e Refuxio da USC

Ecos da Comarca/Lalín

O IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, da man de Carmen Frade, Severiano Casalderrey e Lara Rodríguez, foi escollido para participar hoxe, 10 de xullo, no Congreso sobre Inmigracións e Refuxio da Universidade de Santiago de Compostela (USC), cun proxecto realizado no centro a través do programa da Consellería de Educación "Donas de si", titulado "Mulleres na diáspora. Todas e todos somos migrantes". Un proxecto no que participaron os departamentos de Música, Plástica e Educación Visual, Matemáticas, Lingua e literatura galegas e Lingua castelá e literatura.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"O obxectivo do traballo foi amosar o actual fenómeno inmigrante como unha realidade compartida por toda a comunidade educativa, lembrando, con orgullo, o noso pasado recente como persoas galegas emigrantes. Procurouse entender a migración coma un feito universal, ao tempo que se tratou de comprendela desde a empatía, o respecto e a solidariedade, e de valorala coma unha oportunidade enriquecedora", explican dende o centro.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Máis información do congreso no enlace: https://www.usc.gal/gl/congreso/2025-migraciones-refugio

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page