top of page

O IES Pintor Colmeiro volve colaborar coa campaña de Silleda Solidaria “Un agasallo, un sorriso”

O centro de ensino recaudou máis de 300 euros entre o profesorado cos que se mercaron agasallos de Nadal para as familias usuarias de Benestar Social


Laura Moure/Silleda

O IES Pintor Colmeiro de Silleda volve colaborar un ano máis ca campaña Un agasallo, un sorriso, posta en marcha dende o departamento municipal de Benestar, que dirixe Ángela Troitiño, a través do programa Silleda Solidaria. Dende o centro recaudáronse máis de 300 euros cos que se mercarán agasallos para as familias usuarias do programa.

Os artigos mercados foron ademais empaquetados, como xa vén acontecendo nos últimos

anos, polos alumnos e alumnas de Segundo de FP Básica. A concelleira de Benestar Social e Iguadade, Ángela Troitiño agradece de antemán a colaboración de todas as persoas que cada ano “participan de xeito desinteresado con esta iniciativa facendo que ningún neno se quede sen agasallo neste Nadal”, e en especial a toda a comunidade do IES Pintor Colmeiro que colabora con esta causa dende hai varios anos. Así mesmo, Troitiño e o alcalde, Manuel Cuiña, enviaron tamén ao centro unha carta de agradecemento por esta colaboración.


Doazón dos participantes no torneo de Pádel

Tamén dende o Concello se agradece a aportación de 400 quilos de alimentos por parte de Deza Pádel, que foron entregados onte ao departamento de Benestar Social nas dependencias de FM Sport.

Os alimentos foron adquiridos cas aportacións das persoas participantes no torneo das Festas de Verán de Silleda do pasado mes de xullo.

0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page