Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O IES Pintor Colmeiro abriu as sesións de visita do proxecto 'Trasdeza Pinta O Camiño'

Todos os centros educativos analizarán a Vía da Prata dentro da iniciativa que desenvolve o Concello de Silleda como parte do programa O teu Xacobeo

Laura Moure/Silleda

O proxecto Trasdeza Pinta o Camiño, que promove o Concello de Silleda, dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, botou a andar esta semana con actividades da que será a primeira fase do traballo.


Así, e dentro desta primeira fase, os protagonistas serán os centros escolares do municipio, que participan nesta iniciativa de promoción e dinamización do Camiño, ao seu paso por Silleda, cas artes plásticas como protagonistas.


Un dos cursos do IES Pintor Colmeiro abriu na xornada de onte mércores as sesións, realizando e analizando in situ o tramo Ponte Taboada-Silleda. O alumnado, guiado polo persoal de Amarelas S.Coop. foi provisto de material promocional así como das unidades didácticas creadas para esta iniciativa.


Nos vindeiros días, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan e cumprindo cas medidas hixiénico sanitarias pola situación actual, aínda que as actividades se desenvolven con grupos burbulla e ao aire libre, as sesións continuarán con grupos do CEIP de Silleda, CEIP Ramón de Valenzuela e Colexio Mª Inmaculada, que están xa a traballar sobre o patrimonio cultural e natural que se atopa ao longo do trazado da Vía da Prata que pasa polo municipio.


Tras un traballo de aula a través de cadernos didácticos creados para tal ocasión, ao longo do mes de febreiro, os catro centros participantes realizarán unhas saídas ao medio aberto para coñecer en vivo os recursos patrimoniais do seu concello.

Os/as escolares continuarán cun traballo de aula entorno á comunidade de artistas pictóricos silledenses, outro dos eixos desta iniciativa, subvencionada polo programa O Teu Xacobeo.


Ademais, Trasdeza pinta o Camiño contempla unha xornada de pintura en vivo e un foro de pintura para os vindeiros meses.


13 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE