top of page

O IES Marco do Camballón de Vila de Cruces gaña o Concurso Cultura Clásica Odisea 2022 en Galicia

O IES Melide logra o segundo posto e o IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, o sexto


Laura Moure/Cruces/Melide

Este luns deuse a coñecer os gañadores do Concurso Cultura Clásica Odisea 2022 e na comunidade galega dous centros educativos das comarcas foron os triunfadores. O IES Marco do Camballón de Vila de Cruces foi o vencedor con 103 puntos, pero o IES de Melide logrou tamén un gran posto (con 101 puntos), xa que quedou na segunda posición. Mentres, o IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín alcanzou o sexto posto, obtendo 97 puntos.


Tralo desempate realizado o pasado mércores, a clasificación definitiva do concurso, que celebra a súa XVII edición, quedou en Galicia da seguinte maneira:

  • 1º Premio: Equipo AS VENUSIES MARCO DO CAMBALLÓN – VILA DE CRUCES

  • 2º Premio: Equipo APELESIES DE MELIDE – MELIDE

  • 3º Premio: Equipo ZEUSTODOPODEROSOSIES CANIDO – FERROL


"Noraboa a todos os premiados e sorte para AS VENUS, que participarán este mércores 16 de febreiro na final estatal", sinala a organización.

Orixe

Este concurso online de Cultura Clásica foi creado pola Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.) Galicia no ano 2006. Na actualidade está organizado conxuntamente pola Sección Galega da SEEC, polas seccións da SEEC de Valladolid, de València-Castelló e Alacant, de Aragón, de La Rioja, de Extremadura, de Málaga e Cádiz, e mais pola Associació de Profesorat de Llengües Clàssiques de Cataluña, co obxectivo de promocionar a Cultura Clásica entre os alumnos de Ensino Secundario.

Este certame, malia que aberto a todos os alumnos e as alumnas dos Centros, está dirixido principalmente aos profesores e alumnos de Cultura Clásica, Latín e Grego, e non pretende outra cousa que sacar a Cultura Clásica das aulas, alomenos por uns días. A idea orixinal deste concurso débeselle ás profesoras Ángeles Burgos González e María F. Loira Santiago, dos departamentos de Grego e Latín do IES David Buján de Cambre, non sendo este máis que unha versión “en liña” do seu concurso. A súa celebración coincide nas mesmas datas en todas as seccións.


As preguntas cínguense ao currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego que se ensina nos centros e, como se establece nas bases, cada día versarán sobre aspectos concretos do tema elixido en cada edición. Este ano o tema do concurso era A Arte en Grecia e Roma.


Pode consultar toda a clasificación desta edición no seguinte enlace:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page