O IES de Melide, os dous de Lalín e o de Silleda beneficiaranse dos cursos de linguas estranxeiras
- ecosdacomarca
- 11 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Preto de 3.800 estudantes dun total de 46 centros educativos poderán acceder a estes que organiza a Xunta fóra do horario lectivo
Ecos da Comarca/Xeral

Preto de 3.800 estudantes de 46 centros educativos de toda Galicia beneficiaranse no curso 2023/24 dos cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) que organiza a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades. Das comarcas figuran nesta lista o IES de Melide, os dous insitutos de Lalín (IES Laxeiro e o IES Ramón Mª Aller Ulloa) e o IES Pluriligüe Pintor Colmeiro de Silleda.
Publicidade
O obxectivo é que o alumnado mellore as súas competencias en outros idiomas desde o seu propio centro educativo, no marco da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingue 2030, e poida preparar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas.
Publicidade
Dos centros seleccionados, 17 son da provincia da Coruña, sete da de Lugo, tres da de Ourense e 19 da de Pontevedra. O programa ofértase en inglés, lingua na que se desenvolverán un total de 59 cursos de diferentes niveis; francés, con 40 cursos; alemán, idioma na que haberá cinco cursos, e portugués, con tres cursos.
Os interesados poden consultar a listaxe completa no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/82317/cerca-3-800-estudiantes-46-centros-educativos-beneficiaran-los-cursos-lenguas?langId=gl_ES
Commentaires