top of page

O IES de Arzúa desenvolverá programas de integración das familias na actividade da biblioteca

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Arzúa

Un total de 50 centros educativos de toda Galicia desenvolverán programas de integración das familias na actividade da biblioteca escolar ao longo do curso 2021/2022, entre eles o IES de Arzúa. A Xunta vén de resolver a convocatoria desta nova iniciativa, Lectura e Familias, dotada con 125.000 euros. Todos os centros participantes están integrados no Plan de Mellora Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e solicitaron participar neste novo programa, cuxo obxectivo é estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar, destinadas ao conxunto da comunidade educativa ou especificamente pensadas para a formación e a participación destas familias en experiencias de lectura e de traballo coa información e medios de comunicación.

Deste xeito, poderán intervir con mellores recursos e eficacia na formación dos seus fillos como lectores e usuarios de información. Esta acción enmárcase no impulso da participación das familias nas bibliotecas que a Xunta realiza a través do Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) na que se ten avanzado de xeito significativo nos últimos anos a través de programas como os Clubs de Lectura, Hora de ler ou as Mochilas viaxeiras.

A relación de centros participantes é a seguinte:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page