Música, literatura, obradoiros infantís, a visita do Apalpador... conforman a programación
Laura Moure/Agolada
A maxia volverá aos Pendellos de Agolada o vindeiro 23 de decembro. Ese día albergará o I Mercado de Nadal que contará cunha vintena de postos, algo que destaca a organización debido a súa boa acollida, e que incluso, aínda segue habendo xente chamando para poder asistir.
Haberá unha programación moi variada que inclúe música, literatura, obradoiros infantís... e a visita do Apalpador, enmarcada no programa da Deputación de Pontevedra. Toda a información pode consultarse na imaxe:

Esta iniciativa está organizada por Uzkalutopía, a Tenda Ramón, Inma Galego, Studio Kléc, Xavier Aboy Úrkalo e pola Asociación Daquí Darredor contando coa colaboración do Concello.
Sen dúbida, será un bo plan para achegarse ese día ata Agolada e desfrutar deste enclave histórico que contará ademais con luces de Nadal.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments