top of page

O home que faleceu hoxe ao caerlle unha árbore enriba traballaba nunha leira súa en Moalde

Ecos da Comarca/Silleda

Por desgraza e como xa adiantamos en ECOS DA COMARCA a media tarde, un home perdeu a vida este Venres Santo en Silleda tras caerlle enriba unha árbore, tal e como informou o 112 Galicia.

Tal e como indica o 112 a vítima traballaba nunha leira da súa propiedade cando sufriu o accidente que lle custou a vida.


Os servizos sanitarios de urxencia nada puideron facer por esta persoa, que quedou atrapada baixo a árbore, tal e como anunciou o alertador na súa primeira comunicación co 112 Galicia.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Para liberalo, interviñeron os Bombeiros do Deza, pois retiraron o exemplar que lle oprimía na parte do peito.


Cómpre sinalar que este operativo púxose en marcha tras recibir no 112 Galicia, pouco antes das dúas desta tarde, a chamada dunha persoa particular, quen xa avanzaba a gravidade do suceso.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O peor confirmouse pouco despois, coa chegada dos bombeiros ao lugar dos feitos, en Moalde (Silleda), e coa intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desprazados en helicóptero medicalizado. Ademais, colaboraron os axentes da Garda Civil.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page