O home que faleceu en Lalín estaba realizando tarefas de limpeza dunha fachada e dun tellado
- ecosdacomarca

- 18 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Tal e como adiantamos, un home faleceu este venres en Lalín ao caer dunha altura de 6 metros mentras se atopaba realizando tarefas de limpeza nun edificio. Segundo a información recibida polos equipos de emerxencias desprazados ata o lugar, o home atopábase realizando tarefas de limpeza dunha fachada e dun tellado cando o elevador no que estaba subido envorcou, facendo que a persoa caera dunha altura de seis metros.

Daban as 14:40 horas cando o 112 Galicia recibía o aviso por parte do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 dunha persoa que sufrira unha caída e atopábase grave. O suceso ocorreu no Lugar A Igrexa, situado na parroquia de Goiás, en Lalín.
Publicidade
Nun primeiro momento, o persoal sanitario decidiu mobilizar a aeronave medicalizada con base en Santiago de Compostela ata o punto, aínda que tempo despois foi anulada polo persoal médico que se atopaba no lugar do accidente, xa que, desgraciadamente, o home falecera.
Cabe destacar que desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos membros do GES de Lalín, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil.
O falecido ten 61 anos e é veciño da Estrada.







Comentarios