top of page

O GTR tivo unha fin de semana completa percorrendo varias probas por España


Ecos da Comarca/Lalín

O GTR tivo unha fin de semana completa percorrendo varias probas por España


Comezaban a fin de semana onde Enrique Rojo, de Chantada, viaxaba ata a Palma onde o sábado participou na Transvulcania, na distancia ultra de 70 km e +4600 positivos.

Outra Galaica, Patri Varela, (subcampioa galega de medio maratón), o facía rumbo a Navarra xunto co resto do equipo da selección de Trail da Federación Galega de Atletismo para competir en Lerín. Foi unha carreira rápida de 27 km onde o calor lle xogou unha mala pasada, pero finalmente conseguía entrar en meta e sumar puntos para o seu equipo galego.


Tamén en Navarra se topaba a socia Cristina Taboada, que participou na Extreme Higa Monrreal, onde a carreira tivo un ascenso á cume Higa, alcumada Gigante de la Cuenca.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Sé Senande, Cristóbal Dafonte e Margarita Blanco, algo máis cerca, participarían na Zangarun, en Zamora onde o segundo posto da xeral foi para Cristóbal e o terceiro de categoría para Marga.


Xa en Galicia, ata Mondariz foron na distancia Trail Alina Cimpean, 2° da xeral, e Tamara Seijas, quen acadou o 3° da cat. sénior. No Trail curto de 14k, debut de Ana López que subiu ao caixón no 2° posto da xeral, demostrando unha vez máis o alto nivel deportivo que ten o club.

Por outra banda, Daniel Santalla entrou en meta en 3:15 horas e Juan Ramón en 2:58 h. Este Trail Orixes de Mondariz foi un percorrido puro, montes virxes, autóctonos, cheo de auga e de barro, zonas de carballeiras pechas, fermosos cresteos e baixadas como tobogáns.


Finalmente, na carreira da Batalla de Cacheiras en Teo participou Camilo Framiñán. No Trail de Vila Nova de Cerveira (Portugal) correu Toño Alvarellos na distancia curta.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page