top of page

O GTR tivo representación en Padrón e Asturias

Ecos da Comarca/Lalín

Durante a Semana Santa o Galaico Trail Run (GTR) non tivo descanso e estivo recorrendo os montes e diferentes probas, tanto de asfalto como de monte, e houbo tempo para un roteiro con familias.

Juan Ramón Gómez Novoa.

Por unha banda, o pasado sábado o deportista lalinense Juan Ramón Gómez Novoa foi ata o Gran Trail Picos Valle Altu (Peñamellera Alta, Asturias). A proba constaba de 22 quilómetros cun desnivel de +1.800 metros.


Pola outra, Suso González Vázquez volveu a rodar despois de dous meses sen competir por varios motivos. Nesta ocasión participou na carreira de Padrón (13k con +300) e acadou un tempo de 53 minutos e 29 segundos. O resultado foi moi positivo para o galaico, que padeceu a calor da xornada.

Así mesmo, os galaicos Marga Blanco e Camilo Framiñán trasladáronse ata Portomarín para correr a proba de 7 quilómetros. Blanco, finalmente, quedou cuarta da súa categoría.


"Ademais, o Venres Santo xunto con familias da Escola de Atletismo Deza, realizamos un

percorrido pola Serra do Candán. Fomos unhas 65 persoas que saímos dende a aldea de

Bustelo, baixamos ata Grobas, visitamos o mirador do Pedroselo e rematamos, de novo, en

Bustelos. Un total de 7 quilómetros de convivencia con este Club que serviron para achegar O Candán a moita xente á que aínda lle era descoñecido e tamén para que os/as rapaces/as tomasen conciencia da importancia de coidar espazos naturais coma este", explica o club.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page