top of page

O GTR recorre Galicia en diversas probas e colleita máis galardóns para Lalín

Ecos da Comarca/Deza

Nas últimas fins de semana, o Galaico Trail Run non tomou un respiro e participou en diversas probas.


Entre elas, estivo o Trail de Celanova, onde os galaicos puideron sufrir a proba pola súa rapidez. No longo (24k e +800), participaron Alina Cimpean, quen acadou o ouro na absoluta, Agustín Crespo, prata na categoría sénior, e Camilo Framiñán; no curto (13k e +400); Juan Gómez (segundo na cat. sénior), Cristóbal Dafonte (segundo na absoluta), Adán (quinto na absoluta e primeiro en veteranos), Fernando Alvarellos e Sé Senande.

"Cabe destacar que esta proba foi importante para o Club xa que volveu a rodar Fernando, quen levaba un ano sen poder competir", sinala o equipo.


Pola súa banda, Marga Blanco participou na carreira de Guitiriz onde acadou un quinto posto no podio absoluto. Así mesmo, Toño Alvarellos foi ata Asturias para desputar o Trail Pastoras de Portudera, unha proba de 14 km con +1.200.


Nesa mesma fin de semana, tres corredores do club lalinense, Patricia Varela, Cristina Couto e Vicente Agulló, participaron coa selección galega no Campionato de España en Córdoba. "A proba era de 29k con +2.000 e a climatoloxía fíxoa dura, debido á calor. Nesta proba había campionato individual e por seleccións, nos que puntuaban os/as 4 primeiros, e do GTR destacamos que Patricia Varela axudou á puntuación da selección galega, que quedou 7ª, cun tempo 3:58H".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Neste pasado domingo, 23 de abril, varios integrantes do GTR desprazáronse ata o monte de Viveiro para participar na Camovi. Na distancia de 42k e +2.600 positivos, participaron Alberto Villamor, Agustín Crespo, Patricia Montoto e Gustavo Gonzalez. Proba que pertencía a Copa Xunta de Galicia organizada pola Federación Galega de Montañismo. "Subliñar o magnífico 8° posto absoluto colleitado por Villamor. Así mesmo, na distancia de 21k e +1.000m participou Daniel Santalla".


Pola súa banda, Cristóbal Dafonte correu o Trail Comarca do Ulla (18 km), onde acadou un 6º posto na categoría absoluta e un 2º na categoría máster. Ademais, Sé Senande e Marga Blanco participaron na carreira de Friol, na que acabaron Marga segunda da súa categoría e Senande acadou un 6º posto.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page