Ecos da Comarca/Deza
Nesta fin de semana un bo grupo de deportistas do GTR Galaico Trail Run participou na proba Trail Vila de Padrón. O “Desafío Vértice” 2022, organizado polo Club de Montaña Vértice, tivo saída na Agrela (Teo) e chegada en Padrón (Paseo do Espolón).

"Nos podios, destacamos o 3° posto acadado por Patricia Varela no Desafío Galaico, quen fixo unhas probas espectaculares, e tamén logramos outro 3° posto por equipos. Ademais, o socio do Club Emilio Montilla gañou o trail longo (22 km)", subliña o Clube.
Ademais, recalca que "foi unha excelente xornada, cunha alta participación por parte de deportistas deste Club. Parabéns a tod@s polos resultados. Por outro lado, tamén contamos con participación de corredores na carreira que se celebrou en Taboada".
Comments