O GTR Galaico Trail Run participará mañá na lX Carreira por Montaña A Camelia en Vedra
- ecosdacomarca
- 8 feb
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
Mañá, domingo 9 de febreiro, o GTR Galaico Trail Run participará na lX Carreira por Montaña A Camelia na localidade de Vedra, este ano Campionato por equipos de CxM e primeira proba da Copa Xunta de Galicia de CxM. Unha dura proba de 32 quilómetros con 1700 m. de desnivel positivo.

Publicidade
Levará dous equipos:
O Masculino formado por Agustín Crespo, Manuel Conde, Manuel Gómez, Bruno Ferradás, Salvador González, Manuel Golmar, Toni Taboada e Óscar Lugrís dos cales puntúan os catro primeiros tempos en Meta.
O Femenino formado por Tamara García, Alina Cimpean, Patricia Montoto, Andrea Vázquez, Lucía González e Cristina Couto, (Ana López baixa de última hora), das cales puntúan as tres primeiras en chegar a meta.
Ademais irán arroupados por outros 19 corredores máis do equipo que participarán noutras distancias.
Comentarios